martes, 2 de mayo de 2023

Actividades de Goethe, maio 2023


Jorge Mirancos (de Porto) falou de viaxes por Portugal





Manoela e Matheus falaron do deporte no Brasil

Charla en inglés con Linda Pudane de Letonia



jueves, 13 de abril de 2023

Clubs de lectura de abril 2023

Galego : luns 17 ás 18h30

Portugués: martes 18 ás 17h00

Francés: martes 18 ás 20h15 e xoves 20 ás 11h15

Inglés : mércores 26 ás 20h00 e xoves 27 ás 10h00








 

 




miércoles, 12 de abril de 2023

140 anos de Pinocchio (abril 2023)

Este mes de abril celebramos o día do libro infantil e xuvenil (02/04) e o día do libro (23/04) homenaxeando a famosísima obra de Carlo Collodi que, hai 140 anos, en 1883, publicouse por entregas nun xornal infantil italiano: As aventuras de Pinocchio.

Temos versións de Pinocho en todas as linguas e dúas películas en italiano que podedes emprestar. 
Tamén nos quedan os clubs de lectura de francés e inglés por celebrar. Animádevos !!!



 





martes, 21 de marzo de 2023

Roteiros de primavera

 Aínda estades a tempo de apuntarvos ao roteiro "Ferrol en feminino" que terá lugar o luns 27/03 a partir das 18h. Velaí a ligazón:

https://www.edu.xunta.gal/centros/eoideferrol/aulavirtual/course/view.php?id=476&section=6


En abril, o EDLG, xunto co departamento de galego e a biblioteca da escola, queremos rendirlle homenaxe ao escritor Domingo Villar, autor da triloxía sobre o inspector Leo Caldas, no que pronto será o primeiro aniversario do seu pasamento.  Así, dedicaremos o mes de abril ao segundo libro da triloxía, "A praia dos afogados". Faremos un club de lectura sobre a novela e un  roteiro guiado polo Concello de Nigrán onde visitaremos algúns dos lugares que aparecen no libro. 

Podedes atopar máis información no cartaz que achegamos e no blog do EDLG (páxina web e aula virtual da escola). Ambas actividades teñen prazas limitadas, polo que cómpre inscribirse previamente a través dos formularios que podedes atopar no blog tamén. 

 
O grupo participante no roteiro a Nigrán diante do Templo Votivo do Mar de Panxón.



 A asociación Goethe organiza unha nova actividade de italiano o xoves 19 de novembro ás 19 horas na biblioteca.