martes, 21 de marzo de 2023

Roteiros de primavera

 Aínda estades a tempo de apuntarvos ao roteiro "Ferrol en feminino" que terá lugar o luns 27/03 a partir das 18h. Velaí a ligazón:

https://www.edu.xunta.gal/centros/eoideferrol/aulavirtual/course/view.php?id=476&section=6


En abril, o EDLG, xunto co departamento de galego e a biblioteca da escola, queremos rendirlle homenaxe ao escritor Domingo Villar, autor da triloxía sobre o inspector Leo Caldas, no que pronto será o primeiro aniversario do seu pasamento.  Así, dedicaremos o mes de abril ao segundo libro da triloxía, "A praia dos afogados". Faremos un club de lectura sobre a novela e un  roteiro guiado polo Concello de Nigrán onde visitaremos algúns dos lugares que aparecen no libro. 

Podedes atopar máis información no cartaz que achegamos e no blog do EDLG (páxina web e aula virtual da escola). Ambas actividades teñen prazas limitadas, polo que cómpre inscribirse previamente a través dos formularios que podedes atopar no blog tamén. 

 
O grupo participante no roteiro a Nigrán diante do Templo Votivo do Mar de Panxón.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Clubs de lectura: xaneiro 2025

- Mércores 15, 17h30: Club Galego - Xoves 16, 18h30: Club de Español - Venres 20, 11h00: Club de Galego - Mércores 29, 17h00: Club de Inglés...