Instalacións e servizos

A biblioteca está situada no 1º andar da EOI Ferrol e é de fácil acceso. Ofrece un amplo espazo agradable para o estudo, así tamén para a consulta ou o empréstito de material e para a realización de actividades culturais. 


CONSULTA E EMPRÉSTITO

A biblioteca pódea usar todo o alumnado da EOI Ferrol e das súas seccións, os membros das Asociacións relacionadas coa escola e o persoal do centro para a consulta e/ou o empréstito de libros, prensa, etc.

Consulta aquí o catálogo dos fondos dispoñibles.

Como acceder ao servizo de empréstito?

É necesario mostrar un xustificante de matrícula ou da Asociación Cultural Goethe do curso vixente para darse de alta no programa de xestión da biblioteca.

Empréstito :

Pódense levar ata tres exemplares durante 15 días, agás os libros de texto en curso, que só se poden levar 3 días.

Devolucións :

O material pode deixarse directamente ao bibliotecario/a, depositarse na caixa habilitada na biblioteca ou no buzón do corredor cando está pechada.


MATERIAL DISPOÑIBLE

O alumnado ten á súa disposición material en soportes moi variados e adaptado aos diferentes niveis dos diferentes idiomas que se estudan na EOI Ferrol (alemán, español, francés, galego, inglés, italiano e portugués): libros de lectura adaptados e non adaptados, audiolibros, películas en versión orixinal con e sen subtítulos, xornais e revistas actuais na lingua obxecto de estudo (os números máis recentes estarán na cafetería) e revistas didácticas adaptadas, libros de texto, gramáticas, libros de preparación das diferentes destrezas para os exames, dicionarios xerais, temáticos e ilustrados...

Tamén será posible o empréstito de 4 lectores electrónicos que conteñen libros dixitais dos clubs de lectura e outros títulos escollidos. Seranlle solicitados ao/á bibliotecario/a.

USO DOS ORDENADORES, SERVIZO WEB...

Hai 3 computadoras á disposición do alumnado. Están destinadas para as consultas do correo electrónico e de páxinas de Internet para a aprendizaxe de idiomas. Pódenselle pedir auriculares ao persoal de garda co fin de non molestar aos outros usuarios da sala. Tamén dispoñemos de rede Wifi.



SALA DE LECTURA, AUTO-PRÉSTAMO

A sala de lectura está situada no segundo andar do edificio da rúa Magdalena. Sempre está aberta e nela pódese ler ou estudar tranquilamente. Habilitouse un andel de auto-empréstito con lecturas nos diferentes idiomas da escola. A devolución deses libros farase na caixa da biblioteca ou no buzón de devolución.



ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA

Pódese consultar a información actualizada sobre as actividades no taboleiro que está diante da biblioteca, no blog, na páxina web da EOI Ferrol e nas redes sociais Facebook Instagram.



RESUMO - GUÍA DE USUARIO/A 2023/2024: