jueves, 15 de mayo de 2025

Premio Mellor Lector/a

Segundo as estatísticas do Koha, o noso programa de xestión da biblioteca, a persoa que levou prestado máis libros diversos durante este curso 2024-25 foi a alumna de destrezas C1 de Francés, Verónica Rivas.



lunes, 12 de mayo de 2025

Sorteo cuestionario Letras Galegas 2025

Nesta edición do cuestionario en liña das Letras Galegas, participaron 16 persoas.

4 delas acadaron a puntuación máxima de 10 puntos e tivemos que facer un sorteo para determinar a gañadora. Velaí o vídeo:




sábado, 3 de mayo de 2025

Préstamos para o verán

 

Letras Galegas 2025 : A música popular

Xa que as Letras Galegas 2025 están dedicadas ás cantareiras, esta semana propoñemos a todo o alumnado da escola unha serie de actividades musicais:

- Xoves 8, 17h30: Cantos de taberna co grupo "Son d cantos";

- Venres 9, 11h00: Charla e roteiro coa ceramista Carme Romero, restauradora do monumento á música do Cantón de Ferrol;

- Ata o luns 12 de maio ás 10h00, podes participar no cuestionario das Letras Galegas 2025 que elaboramos con 10 preguntas sinxelas: premede aquí para acceder;

- Ademais botádelle un ollo a este taboleiro coa tradución en todos os idiomas de estudo da escola de dúas cantigas galegas ben coñecidas: Catro vellos mariñeiros e Se chove, deixa chover. Grazas a todo o alumnado que fixo as traducións!

- Na biblioteca atoparás unha exposición material variado para levar prestado sobre as Letras galegas deste ano e dos anteriores. E na pasarela, están os cartaces informativos da Xunta de Galicia elaborados polo IES Castelao de Vigo.





Con Carme Romero, diante da biblioteca coa exposición das súas cerámicas, e no Cantón, diante do monumento recentemente restaurado por ela, dedicado á Música Tradicional Ferrolá, do artista Francisco Pérez Porto,





Gramófono dos clubs de lectura (23 abril)

Para celebrar o día internacional do libro, o 23 de abril, propoñémosvos visualizar esta presentación con obras musicais que visitamos nos clubs de lectura deste curso.

Premede aquí para acceder ao Genially

Obradoiro "Recoñecer a diversidade"