sábado, 3 de mayo de 2025

Letras Galegas 2025 : A música popular

Xa que as Letras Galegas 2025 están dedicadas ás cantareiras, esta semana propoñemos a todo o alumnado da escola unha serie de actividades musicais:

- Xoves 8, 17h30: Cantos de taberna co grupo "Son d cantos";

- Venres 9, 11h00: Charla e roteiro coa ceramista Carme Romero, restauradora do monumento á música do Cantón de Ferrol;

- Ata o luns 12 de maio ás 10h00, podes participar no cuestionario das Letras Galegas 2025 que elaboramos con 10 preguntas sinxelas: premede aquí para acceder;

- Ademais botádelle un ollo a este taboleiro coa tradución en todos os idiomas de estudo da escola de dúas cantigas galegas ben coñecidas: Catro vellos mariñeiros e Se chove, deixa chover. Grazas a todo o alumnado que fixo as traducións!

- Na biblioteca atoparás unha exposición material variado para levar prestado sobre as Letras galegas deste ano e dos anteriores. E na pasarela, están os cartaces informativos da Xunta de Galicia elaborados polo IES Castelao de Vigo.





Con Carme Romero, diante da biblioteca coa exposición das súas cerámicas, e no Cantón, diante do monumento recentemente restaurado por ela, dedicado á Música Tradicional Ferrolá, do artista Francisco Pérez Porto,





No hay comentarios:

Publicar un comentario

Obradoiro "Recoñecer a diversidade"