Páginas
▼
Inicio
▼
▼
Redes sociais da Biblioteca:
▼
miércoles, 9 de abril de 2025
martes, 8 de abril de 2025
Voces femininas na música
Para celebrar o 8M, preguntamos ao noso alumnado cales eran as súas cancións favoritas cantadas por mulleres nos diferentes idiomas de estudo da nosa escola.
Recibimos 196 propostas de cancións!!!
- 22 en galego
- 18 en alemán
- 35 en español
- 29 en francés
- 49 en inglés
- 17 en italiano
- 30 en portugués
Recopilamos todas as cancións nun padlet e pedimoslle ao alumnado que votara polas súas cancións favoritas.
Podes acceder á listaxe premendo aquí ou escaneando o seguinte código QR:
Velái os resultados. Éstas son as cancións máis votadas en cada idioma:
lunes, 7 de abril de 2025
Clubs de lectura: maio 2025
- Club de FRANCÉS: martes 6 ás 16h45 e venres 9 ás 11h15
- Club de ITALIANO: mércores 7 ás 17h00
+ Club de INGLÉS en CEDEIRA: xoves 29
viernes, 4 de abril de 2025
Concursos de francés (marzo 2025)
Cuestionario en francés para celebrar o 8M, a partir da biografía das mulleres que dan nome ás aulas da EOI Ferrol.
Consistiu en coller un cuestionario á entrada da escola e ir polas aulas escaneando os códigos QR das biografías en francés para atopar as respostas. Logo había que deixar a folla na urna á entrada da escola.
Gañadora: Ana Franco (alumna de Francés A2)
Concurso de escritura creativa en francés:
Patricia Gómez (Catégorie B2)
Francisco Roca (Catégorie C1)