Páginas

Inicio

Redes sociais da Biblioteca:

miércoles, 20 de marzo de 2024

Concurso de microrrelatos 2024 : Unha boa viaxe

 

En total foron recibidos 27 escritos: 4 en alemán, 4 en francés, 1 en galego, 5 en inglés, 5 en italiano e 8 en portugués. 
Non tendo ningún relato en español para estranxeiros e tendo practicamente o dobre de participación en portugués en comparación coas outras linguas, decidimos entregar dous premios en portugués.
Atoparedes todos os relatos participantes cos nomes dos/das autores/as próximamente na vidreira da biblioteca. Pasado un tempo xuntaránse nun libriño que estará a dispoción dos usuarios/as da biblioteca para consulta en sala.

PARABÉNS ÁS/AOS GAÑADORAS/ES:


Velaí os microrrelatos premiados:








Últimos clubs de lectura do curso (abril, maio 2024)

- INGLÉS, o 24/04, ás 11h00 e 20h00: The Eye of Childhood

- PORTUGUÉS, o 30/04, ás 17h00 : O retorno

- GALEGO, o 03/05 ás 10h3010 000 millas de andar na bici   ADIADO !!!

- FRANCÉS, o 08/05 ás 17h00 e o 09/05 ás 11h15 : Silhouette

- ITALIANO, o 21/05 ás 19h00 e o 22/05 ás 12h00: Indagine a Firenze

Sesión de mañá con Charo
 
Sesión de tarde con Susana


 
Club de lectura de portugués, 30/04/2024

Club de lectura de francés, 09/05/2024





Roteiro: Jules Verne e Vigo (abril 2024)

 


A nosa visita  a Vigo da man da Sociedade Jules Verne de Vigo.


Grazas a Eduardo Rolland e Julio Ástor por acompañarnos no roteiro e contarnos tantas curiosidades sobre o paso de Jules Verne pola cidade olívica e do seu Nautilus polas inmediacións da ponte de Rande. Oxalá pronto poidamos visitar a réplica  da nave.

Graciñas a todas as persoas que nos acompañastes nesta viaxe onde puidemos desfrutar dun día soleado nun marco marabilloso.





Xornadas culturais 2024

Do 11 ao 14 de marzo, na EOI Ferrol celebramos as xornadas culturais

Dedicamos cada día a un ou dous idiomas para que evitar que as actividades se solapen de xeito que as persoas poidan participar máis fácilmente a máis actividades.

A biblioteca tamén participa na celebración cunha variedade de propostas:

Luns 11, INGLÉS : Ás 11h30, "American women", charla coa asistente de conversa.

Martes 12, FRANCÉS : Ás 17h00, "Dégustation littéraire", lectura de fragmentos literarios sobre alimentos que degustaremos. Á 19h00, "Félix", obra de teatro no salón de actos.

Mércores 13, GALEGO-PORTUGUÉS : Ás 11h30, presentación dos QR das mulleres ilustres da EOI na entrada da escola. Ás 17h30, presentación do libro de Leandro Lamas e ás 18h30, obradoiro de pintura con Leandro Lamas.

Xoves 14, ITALIANO : Exposición de libros de viaxes


American Women con Kiara Recchione

"Félix": obra de teatro

Degustación literaria


Presentación dos códigos QR das mulleres 
ilustres que dan nome á escola e ás aulas, 
coa presenza de dúas netas de Ángela Ruiz Robles.
Presentación do libro 'Leandro Lamas' con Charo Lopes e obradoiro de pintura

 
Exposición de fondos de viaxes

Saímos na prensa :

Las jornadas culturales de la EOI Ferrol en Lavozdegalicia.es (11/03/2024)

La EOI se transforma en un espacio intercultural en RadioVoz Ferrol (11/03/2024)

A cociña de Túnez en Ferrol en Radiofusion.gal (12/03/2024)

Culmina la semana cultura de la Escuela de Idiomas en Lavozdegalicia.es (14/03/2024)